Facultade de Química
Os estudos de Química teñen unha longa tradición na Universidade de Vigo. Desde os comezos dos campus universitarios de Vigo e Ourense, hai máis de 40 anos, a docencia da Química desempeñou un papel relevante coa oferta do primeiro ciclo da Licenciatura en Química.
A reorganización do Sistema Universitario de Galicia nos anos 90 posibilitou a impartición completa da licenciatura, que se transformou en 2009 no actual Grao en Química como consecuencia da súa adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior.
Ademais, a Facultade de Química completa a súa oferta de estudos coa impartición de tres mestrados e varios doutoramentos relacionados con distintos aspectos especializados da Química.
