Oferta de Estudos

MESTRADOS

CIENCIA E TECNOLOXÍA DE CONSERVACIÓN DE PRODUTOS DA PESCA

Coordinador: José Canosa Saá (jcanosa@uvigo.es)

O Master en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de Produtos da Pesca pretende, desde un punto de vista multidisciplinar, formar profesionais cualificados dentro deste ámbito industrial, que permita ao sector dotarse de tecnólogos especializados na conservación dos produtos da pesca, conxugando os aspectos teóricos e prácticos que configuran o perfil dos profesionais demandados pola industria de conservación de produtos da pesca.

INVESTIGACION QUÍMICA E QUÍMICA INDUSTRIAL (Interuniversitario)

Coordinador Local: Ignacio Pérez Juste (mindinvquimica@uvigo.es)

O Mestrado en Investigación Química e Química Industrial é un título interuniversitario impartido nas Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña. Este mestrado busca completar a formación dos estudantes en campos avanzados da Química, preparándoos para levar a cabo labores de investigación, desenvolvemento e innovación en Química, non só no plano académico senón tamén no industrial. Preténdese ademais proporcionar formación aos estudantes en campos do exercicio profesional relativos á investigación e a actividade empresarial e contribuír á súa formación a nivel práctico, proporcionándolles a opción de desenvolver na empresa ou na Universidade labores específicas relacionadas coa actividade en cada unha delas.

QUÍMICA TEÓRICA E MODELIZACIÓN COMPUTACIONAL (Interuniversitario)

Coordinador Local: José Manuel Hermida Ramón (jose_hermida@uvigo.es)

O Mestrado de Química Teórica e Modelización Molecular é un título internuniversitario de 120 ECTS que se imparte ao longo de dous cursos académicos e no que participan 14 universidades españolas. Este mestrado desenvolve os fundamentos e as aplicacións da química teórica e da modelización molecular, disciplinas que xogan un papel fundamental no desenvolvemento da química moderna, a bioquímica, a química biolóxica, a física e a ciencia dos materiais.