Futuro Alumnado

Actividades con estudantes de ensino secundario

A Facultade de Química organiza regularmente unha serie de actividades destinadas a estudantes dos últimos cursos de Ensinanza Secundaria Obligatoria e de Bacherelato. Estas actividades forman parte do Programa de Promoción da Facultade co que se pretende divulgar a oferta formativa do centro e aumentar o nivel de coñecemento que os distintos sectores da educación e da sociedade teñen da nosa Facultade.

Un obxetivo fundamental deste Programa de Promoción consiste en ofrecer información directa aos potenciais estudantes sobre as características do Grao en Química, da Facultade de Química e da Universidade de Vigo. Preténdese ademáis contribuír á promoción en xeral da Química entre os estudantes de Ensinanza Secundaria e establecer canles de comunicación entre profesores de todos os niveis de ensino da Química que poidan contribuir á coordinación de accións con vistas a unha mellor comprensión da materia.

Visitas á Facultade de Química

Unha das principais actividades do Plan de Promoción son as visitas de estudantes de centros de Educación Secundaria á Facultade de Química. Nestas visitas os estudiantes reciben unha breve presentación sobre os estudos de Grao e a continuación van a distintos laboratorios da Facultade onde realizan e/ou se lles amosan distintas experiencias que pretenden despertar o seu interese pola Química. A duración e horario das visitas é variable e establécese en función das dispoñibilidades horarias do persoal da Facultade e os centros visitantes.

Aqueles centros de Educación Secundaria interesados en realizar estas visitas á Facultade de Química dispoñen de dos vías para solicitalas:

· Contactar directamente coa Facultade de Química enviando un correo electrónico a decanatoquimica@uvigo.es co formulario que se inclúe no seguinte enlace:

Formulario solicitude visita á Facultade de Química para grupos de estudantes non universitarios

· Contactar a través do Servicio de Información, Orientación e Promoción de Estudante (SIOPE) da Universidade de Vigo.

Charlas de Orientación e de Divulgación

Unha segunda parte das actividades de promoción da Facultade de Química consiste na impartición por profesorado da Facultade de Charlas de Orientación sobre os estudos do Grao en Química dirixidas a potenciais estudantes universitarios e Charlas Divulgativas sobre aspectos xerais da Química en centros de Ensinanza Secundaria do seu entorno con fin de aumentar o interese pola ciencias e, en particular, pola Química.

Aqueles centros de Educación Secundaria interesados en celebrar estas charlas deban contactar a través do Servicio de Información, Orientación e Promoción de Estudante (SIOPE) da Universidade de Vigo.